O noso reto diario

Aquí estamos, tentando adaptarnos a unha situación que nos pillou a todos por sorpresa.

Despois dos nervios iniciais, imos organizando semanalmente o traballo para que o alumnado poida ir facendo as actividades con calma. Non cremos que a angustia leve a nada bo.

Tomamos esta situación como un reto. Nin que dicir ten que botamos de menos os alumnos e alumnas, ese trato directo que tantas veces nos fai sorrir. Pensamos en eles e desexamos que todo lles vaia ben.

Cos compañeiros de departamento organizamos as actividades e contidos, usando varias ferramentas virtuais: Moodle, Aula 1, correo electrónico…

Son varios os cursos nos que estamos traballando cada día:

  • En 1º de ESO, en Lengua, acabaremos hoxe unha parte de ortografía e comezaremos co verbo.
  • En 2º de ESO, en Lingua Galega, acabamos hoxe verbos irregulares e seguimos traballando coa guía de lectura de «Cando Petan na Porta pola Noite».
  • En 3º de ESO, en Lingua Galega acabamos hoxe verbos irregulares, e a próxima semana veremos perífrases verbais e o alumnado fará un diario das súas impresións sobre a situación que está vivindo. En Lengua revisamos análise sintáctica e comezaremos coa literatura do Barroco.
  • En 1º de Bacharelato repasamos materia xa vista e comezamos coa literatura do XIX.
  • Finalmente, en 2º de Bacharelato, estamos traballando morfoloxía e corrixindo os comentarios críticos que van enviando.

Gustarianos dicir ós nosos nenos e nenas que tomen as cousas con calma, e que garden a bo racaudo todo canto esta experiencia lles aporte, porque non cabe dúbida de que esta situación será unha aprendizaxe para todos.

Unha aperta virtual!

Seguir leyendo

4º de ESO na Real Academia Galega e na Casa Museo de Emilia Pardo Bazán

Durante o mes de decembro 4º de ESO visitou a sede da Real Academia Galega e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.

Na Real Academia o alumnado coñeceu un pouco a historia desta institución, así como algunhas das súas funcións elementais, como elaboración de dicionarios, normas ortográficas e morfolóxicas…

Na Casa Museo de Emilia Pardo Bazán fíxose fincapé na importancia desta escritora no contexto da literatura do século XIX (Realismo e Naturalismo) e destacáronse diversos trazos da súa biografía e da súa personalidade.

Seguir leyendo

Encontro do alumnado de 1º de Bacharelato coa escritora Rosa Aneiros

O pasado martes 12 de decembro a escritora Rosa Aneiros visitou o noso Centro e mantivo un coloquio coas alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato despois de que estes lesen a súa novela «Ás de Bolboreta».

Durante a sesión a autora intercambiou cos estudantes diversas ideas sobre a concepción e recepción  dunha historia, a creación de personaxes e tamén comentáronse diferentes impresións sobre a novela.

Seguir leyendo

Visita á Planta de Tratamiento de Residuos Urbanos de A Coruña – 2º Bacharelato

image

Os alumnos de Ciencias da Terra e medioambientais de 2º de Bacharelato visitaron o pasado 18 de xaneiro a Planta de Tratamento de Residuos Urbanos de A Coruña, que trata os residuos urbanos da nosa cidade e os municipios integrados no Consorcio As Mariñas: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo e Oleiros.

Alí tiveron ocasión de ver os procedementos que se levan a cabo cos residuos xerados nas nosas casas.

O que nos quedou moi claro é que aínda non separamos ben o lixo, falta concienciación e nos queda un grande camiño por andar neste terreo.

Seguir leyendo