O noso reto diario

Aquí estamos, tentando adaptarnos a unha situación que nos pillou a todos por sorpresa.

Despois dos nervios iniciais, imos organizando semanalmente o traballo para que o alumnado poida ir facendo as actividades con calma. Non cremos que a angustia leve a nada bo.

Tomamos esta situación como un reto. Nin que dicir ten que botamos de menos os alumnos e alumnas, ese trato directo que tantas veces nos fai sorrir. Pensamos en eles e desexamos que todo lles vaia ben.

Cos compañeiros de departamento organizamos as actividades e contidos, usando varias ferramentas virtuais: Moodle, Aula 1, correo electrónico…

Son varios os cursos nos que estamos traballando cada día:

  • En 1º
Continue Reading

4º de ESO na Real Academia Galega e na Casa Museo de Emilia Pardo Bazán

Durante o mes de decembro 4º de ESO visitou a sede da Real Academia Galega e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.

Na Real Academia o alumnado coñeceu un pouco a historia desta institución, así como algunhas das súas funcións elementais, como elaboración de dicionarios, normas ortográficas e morfolóxicas…

Na Casa Museo de Emilia Pardo Bazán fíxose fincapé na importancia desta escritora no contexto da literatura do século XIX (Realismo e Naturalismo) e destacáronse diversos trazos da súa biografía e da súa personalidade.

Continue Reading

Encontro do alumnado de 1º de Bacharelato coa escritora Rosa Aneiros

O pasado martes 12 de decembro a escritora Rosa Aneiros visitou o noso Centro e mantivo un coloquio coas alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato despois de que estes lesen a súa novela «Ás de Bolboreta».

Durante a sesión a autora intercambiou cos estudantes diversas ideas sobre a concepción e recepción  dunha historia, a creación de personaxes e tamén comentáronse diferentes impresións sobre a novela.

Continue Reading

Visita á Planta de Tratamiento de Residuos Urbanos de A Coruña – 2º Bacharelato

image

Os alumnos de Ciencias da Terra e medioambientais de 2º de Bacharelato visitaron o pasado 18 de xaneiro a Planta de Tratamento de Residuos Urbanos de A Coruña, que trata os residuos urbanos da nosa cidade e os municipios integrados no Consorcio As Mariñas: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo e Oleiros.

Alí tiveron ocasión de ver os procedementos que se levan a cabo cos residuos xerados nas nosas casas.

O que nos quedou moi claro é que aínda non separamos ben o lixo, falta concienciación e nos queda un grande camiño por andar neste terreo.

Continue Reading

Encontro do alumnado de 1º de Bachillerato co escritor Manuel Rivas

img_1210

Que é a literatura? Ten utilidade práctica inmediata? Que pretende un escritor cando escribe? E que pretende encontrar un lector nunha obra literaria? Estas e outras reflexións planteou o autor de obras como O lapis do carpinteiro, Que me queres, amor ou As voces baixas aos nosos estudantes de 1º de Bachillerato nun encontro que durou dúas horas.

As voces baixas é unha obra na que xoga un papel importante a memoria, a partir do «primeiro medo» do autor. Na novela preséntase unha serie de lembranzas do autor (lembranzas de infancia e de xuventude) que están protagonizada por aquelas «voces baixas» de persoas que foron importantes na súa vida …

Continue Reading