Un ano máis o alumnado de 1º y 2º de Primaria participou na III Xornada de Superheroínas e Superheroes organizada pola Fundación La nineta dels Ulls, baixo o lema: E ti, que superpoder tes?
O obxectivo desta iniciativa é seguir traballando o respecto e a tolerancia cara a diferenza, así como a aceptación e o recoñecemento das propias capacidades persoais, reivindicando que todos os nenos, nenas e adolescentes poidan ser unha superheroína ou un superheroe.
Esta iniciativa tamén pretende darlle visibilidade ao retinoblastoma, o cancro ocular máis frecuente en nenos/as menores de 6 anos, coa misión de potenciar a súa investigación para mellorar a calidade de …