Rosa e Adolfina Casás, as pandeireteiras de Mens, xunto con Eva Castiñeira, representan as mulleres que manteñen viva a nosa tradición. Son o pasado, o presente e o futuro da nosa música popular. A súa presenza emociona e inspiran a seguir tocando e celebrando o que somos.
O Día das Letras Galegas foi especial para o alumnado de Infantil, que puido presenciar o ben que tocan os alumnos de pandeireta, que interpretaron o “Pasodoble de Cortellas”, que ensaiaron con moito agarimo con Nekane Louzao e Ana Fernández.
Tamén gozaron bailando a interpretación do xogo popular “O lambonciño”, que fixo rir e bailar a todos os …