No primeiro trimestre na asignatura de Xeografía e Historia os alumnos de 1º de ESO nos achegamos aos primeiros homínidos e ao coñecemento das habilidades dos homes prehistóricos.
Entre os grandes descobrementos que realizaron estaba a elaboración do lume, polo que, en colaboración co Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro, preparamos un obradoiro o pasado martes 16 de xaneiro para coñecer en directo os instrumentos da época e intentar realizar o lume como na Prehistoria. En todas as clases conseguiron facer lume!
Outra faceta da Prehistoria que lles fascinou foron as pinturas rupestres, polo que en decembro probamos a pintar seguindo os seus modelos e con pintura de …