Como complemento ás programacións de Lingua Galega e de Lingua Castelá, durante o mes de decembro o alumnado de 4º de ESO visita a Real Academia Galega e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.
Na primeira parte da visita percorremos o salón de actos da Real Academia Galega. Aí coñecemos un pouco a historia da institución fundada en 1906: cales son as súas funcións, algúns dos seus presidentes, os seus membros, en que consiste un discurso de ingreso…
A continuación subimos á Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, unha das máximas figuras da Literatura Castelá do século XIX. Alí descubrimos a importancia desta escritora (unha muller adiantada no seu tempo), a súa obra, o cariño que profesaba á cidade que ela denominaba Marineda…
Profesor de Lingua Galega en ESO e Bacharelato