Os días 17 (3º A e 3º C) e 18 (3º B e 3º D) de marzo visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. A súa obra Cantares gallegos foi lectura obrigatoria este trimestre e serviunos para preparar a visita.
Comezamos por un percorrido guiado pola casa. Explicáronnos diversos aspectos relacionados coa mesma, ademais de coa vida e obra de Rosalía, así como algúns datos relacionados cos seus fillos (Ovidio e Gala fundamentalmente) e co seu home Manuel Murguía. Visitamos as distintas dependencias (a cociña tradicional, o cuarto onde morreu Rosalía…). A continuación realizamos un escape room no que houbo que
utilizar a información proporcianada durante a visita.
Disfrutamos tamén do xardín, onde decubrimos diversas variedades de camelios e outras árbores e plantas, como o famoso loureiro centenario e o ombú.










