No pavillón do centro celebrouse a cuadraxésima terceira edición do Trofeo Liceo La Paz; evento no que participaron, ademais dos nosos, equipos do CV Zalaeta, CV Ourense, Xav Cambados e CV Ponferrada ós que agradecemos a súa entusiasta asistencia.
A intensa xornada rematou coa emocionante entrega de premios na que tódolas participantes recibiron unha medalla conmemorativa.