Neste mes de decembro recibimos a visita de 3 arqueólogos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro para compartir coñecementos sobre a prehistoria cos alumnos e alumnas de 1º de ESO.
Na asignatura de Xeografía e Historia adicamos todo o mes ao estudo deste periodo da historia, e grazas á visita destes especialistas, puideron ver e tocar réplicas dos instrumentos, ferramentas e utensilios que utilizaban os nosos antepasados. Pola tarde os nosos alumnos aprenderon a facer lume por fricción, como antigamente, pero necesitan un pouco máis de práctica!
Noutra sesión, aprenderon a pintar coma na prehistoria, representando imaxes de caza, vida cotiá e natureza. Máis tarde montamos a nosa propia cova debaixo das escaleiras do edificio de ESO para que tódolos compañeiros poidan contemplar as pinturas rupestres do Liceo.
Esta experiencia práctica non só profundizou os seus coñecementos históricos, senón que tamén fomentou a creatividade, o traballo en equipo e a curiosidade pola nosa historia común.
Tutora de 1º de ESO, Profesora de Xeografía e Historia.