En Educación Infantil celebramos a Semana das Letras Galegas en tódolos niveis.
Empezamos fomentando toda a semana o uso do galego en tódolos ámbitos: na aula, no patio e nas actividades. Limos contos e cantamos cancións.
Asistimos ó concerto da Banda de Música do Liceo, que interpretaron cancións e música galega, e para finalizar os alumnos de ESO xunto ca banda cantaron o himno galego.
E o xoves 16 empezamos o dia falando na asamblea da persoa homenaxeada este ano: Luisa Villalta. Vimos un video cantado que contaba a biografia de Luisa e fixemos un repaso ás súas obras.
Por último, recitamos unha poesía de Luisa sobre as rúas de Santiago e decoramos unha lámina do poema. Asistimos tamén ao recital dado polas usuarias da residencia Concepción Arenal, cantando cancións de sempre en galego e que disfutamos moito.
Pola tarde celebramos a Romaría galega, escoitando música galega e degustando comida típica de Galicia: comimos queixos, empanadas, chourizos, larpeiras, biscoitos, filloas, etc. gracias á contribución das familias, os nenos e nenas coñeceron e saborearon todas estas delicias.
O noso obxectivo era transmitir a importancia da nosa lingua, e que a valoren e a fagan permanecer nas futuras xeracións!