Animando ó Depor e ó Leyma Basquet

Nunha mostra de verdadeiro espírito deportivo e comunidade, os nenos e nenas do Liceo La Paz uníronse para celebrar o logro histórico dos dous equipos locais de fútbol e baloncesto: o Real Club Deportivo de A Coruña e o Basquet Coruña. Cas súas camisetas postas e os seus corazóns cheos de entusiasmo, estes xoves seguidores demostraron que o apoio vai máis aló dos resultados nas canchas.

Dende os patios e os corredoiros do colexio, o ambiente estaba cargado de emoción e orgullo. Con cada gol e cada canasta, tódolos coruñeses vibramos coa intensidade propia dos verdadeiros siareiros. Fomos unha soa voz, animando e alentando ós equipos hacia a victoria.

O ascenso de categoría, tanto do Depor como do Leyma (xa iniciado co equipo feminino Depor Abanca), foi motivo de dobre alegría para a nosa comunidade escolar. O venres foi unha verdadeira celebración previa do que desexábamos dende fai anos. Ver estes triunfos recórdanos a importancia da perseverancia e o traballo en equipo.

Hoxe, máis aló dos resultados deportivos, o que realmente importa é o sentido de unión e camaradería que vivimos no Centro. Felicitamos a ambos equipos polo seu merecido ascenso e agradecemos ós nenos por inspirarnos coa súa paixón e apoio incondicional. Que siga a celebración e que o espírito deportivo continúe brilando na nosa comunidade!

Somos verdes, pero tamén laranxas e branquiazuis.

Noraboa!

 

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *