O pasado 15 de marzo tivemos o pracer de ter a visita de Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Literatura 2023. Deu unha charla para o alumnado de 1° de Bacharelato, que conta entre os seus libros de lectura con As malas mulleres. Marilar, sempre moi próxima aos rapaces e rapazas, explicou diferentes aspectos da novela e contestou ás preguntas que lle fixeron.
A súa visita rematou coa firma de exemplares da novela.
Profesora de Lengua Castellana y Lingua Galega