Día de Rosalía de Castro

O pasado 24 de febreiro, coincidindo coa data do seu nacemento (24 de febreiro de 1837)  celebramos o Día de Rosalía de Castro no noso Centro.

Para tal ocasión os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria rendiron homenaxe á que, sen dúbidas, é unha figura clave das letras e a cultura galegas expoñendo a súa biografía e recitando algúns poemas das súas obras máis célebres.

Continue Reading