A semana pasada, os nosos alumnos de 2º de Bacharelato viaxaron ata Santiago de Compostela, onde tiveron a oportunidade de visitar a Cidade da Cultura e percorrer os exteriores da mesma: dende as Torres Hedjuk ata a Praza Central.
Achegáronse ós segredos do proxecto arquitectónico de Peter Eisenman e ós interiores da biblioteca de Galicia, onde puideron apreciar a riqueza da cultura galega.
Así mesmo, tiveron a oportunidade de acceder a dúas exposicións:
- Galicia Universal. O arte galego nas coleccións de ABANCA e Afundación
- Castelao Magistral. A boa obra ao mestre honra.
Pola tarde, visitaron o centro histórico de Santiago e o Museo do Pobo Galego, onde tiveron …