Este ano Carlos Casares foi o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas.
Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, coa axuda das súas familias, recopilaron moitísima información sobre a figura de Carlos Casares. Investigaron sobre a súa vida e tamén sobre as súas obras, centrándose sobre todo na súa producción literaria infantil. Na clase, entre todos, lemos «A galiña azul» e «Lolo anda en bicicleta». Os nenos trouxeron fotos, libros…e con todo iso empezaron a traballar en equipo, compoñendo como resultado final murais que agora decoran os nosos pasillos.
Éste foi o resultado:
Aproveitando esta festividade , quixemos completar a exposición cun traxe rexional galego para achegar un pouco máis aos rapaces á nosa cultura e tradición.
Coordinadora de 1º de Educación Primaria