Os nenos e nenas de infantil celebramos unha das festas máis entrañables e chea de tradición do outono: O Magosto!
Nesta festividade galega, reunímonos para homenaxear a castaña asada, raíña indiscutible da tempada.
O alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, con moito esmero e creatividade, preparounos un escenario outonal cunha gran pancarta, coa ábore que nos da castañas, o castiñeiro, e tamén o característico tren para asar e vender castañas que podemos ver en moitas vilas e cidades.
Os pequenos e pequenas coas súas coroas e colares entoaron a canción que prepararon na clase e achegáronse cos seus cornetes ao posto para conseguir as cobizadas castañas. …