Bicos, ledicia, mecosa, avoa, raíña, muller, terra, agarimo, … foron algunhas das palabras que as nenas e os nenos de quinto de Educación Infantil escolleron para a nosa proposta «Sementando Galego”. A nosa lingua somos nós, e no Día das Letras Galegas que mellor que traballar as fermosas palabras do noso idioma na aula. Cada rapaz/a trouxo unha tarxeta, coa súa palabra escollida, e presentoulla ao resto do alumnado. Co bonitas que quedaron decidimos cubrir uns recunchos do noso corredor, mirade que xeitoso:
Como ben sabedes, o 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega, que chega á súa 60ª edición …