Chegou o día das nosas Letras!

O pasado luns, 20 de maio, os máis pequenos celebramos o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor Antonio Fraguas, figura que traballamos en tódalas clases.

Este luns quixemos facer unha festa moi especial, convertendo o noso patio nunha romaría tradicional, na que grazas a colaboración das nosas familias, os nenos e nenas puideron degustar produtos propios da nosa terra como queixo, marmelo, larpeiras, rosquillas, filloas, empanadas de todo tipo e pan de diversos lugares da nosa Comunidade Autónoma.

E como nunha romaría non podía faltar a música, neste caso acompañounos unha selección de pezas tradicionais que bailamos e gozamos tódolos nenos e nenas desta etapa xuntos, …

Continue Reading