O Entroido é unha das celebracións máis importantes en Galicia, e tamén desde o Liceo quixemos festexar estes días con disfraces, bailes, música…e distintos traballos realizados polos alumno/as que, coas súas investigacións, achegáronnos diferentes xeitos de celebrar o Entroido na nosa comunidade.
Foron recollidas un surtido número de celebracións. Quizáis as máis rechamantes sexan as que teñen lugar no denominado Triángulo Máxico de Ourense, composto polas localidades de Xinzo de Limia, Verín e Laza.
O entroido de Xinzo de Limia é Festa de Interese Turístico Internacional. As «pantallas» percorren as rúas coas vexigas de vaca en procura de xente sen disfrazar; se o atopado é home, deberá pagar unha rolda; …