II Festival das Letras Galegas

O 15 de maio pola mañá celebrouse o II Festival das Letras Galegas, o acto estrela dentro da celebración da Semana das Letras Galegas 2024. No festival participaron alumnos dos catro cursos de ESO e algúns de 1º de Bacharelato.

Durante máis de hora e media de espectáculo, que iniciou e rematou co himno galego acompañado da música propiciada por instrumentos como trompeta, baixo, violín e piano; os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, como público asistente, escoitaron a recitación de poemas de Luísa Villalta, Rosalía de Castro e a letra dunha canción do grupo Ulex, unha actuación do Mago Luis, que soubo meterse á …

Continue Reading

Andrea Maceiras

O día 1 de decembro ás 10:00 h visitounos a escritora Andrea Maceiras, autora da novela «Que me pare o corazón se te esquezo«, obra que foi de lectura obrigatoria para o alumnado de 3º de ESO.

A escritora mantivo un encontro co alumnado sobre a arte de escribir e, en concreto, sobre as experiencias nas que se inspira para artellar as historias que vai contar.

A trama da novela lida xira en torno aos “retos” que afronta a mocidade nas redes sociais e os perigos que poden suponer e como poden repercutir nas relación humanas.

Continue Reading

Festival das Letras Galegas 2023

O 16 de maio celebramos un Festival para festexar o día grande das Letras Galegas. Diante dun público entregado e colaborador, alumnos e alumnas de ESO e de Bacharelato subiron ao escenario para aportar o seu gran na celebración desta efeméride. Cancións variadas como “Corpiño xeitoso”, “Pousa, Pousa”, “Peixiños do mar”, “Ai vén o maio, maíño, maiolo”; música en directo para interpretar “Se chove, que chova!” e “O son do ar”, lecturas de poemas, breve semblanza de Francisco Fernández del Riego, un número de maxia e unha sorprendente actuación de beat box foron aplaudidas polos asistentes, todos …

Continue Reading