Romería das Letras Galegas en Infantil!

En Educación Infantil celebramos o Día das Letras Galegas cunha romería moi especial para rendir homenaxe á nosa lingua galega.

Cantamos, bailamos e escoitamos contos en galego mentres disfrutábamos de membrillo, tarta de Santiago, biscoitos, pan de hogaza, chourizo, empanada e incluso queixo de tetilla.

Pero o mellor chegou cando nos sentamos todos xuntiños para ver a obra que prepararon as nosas profes: «A qué sabe a lúa?».

Rimos moitísimo vendo ás profes convertidas en animais que querían probar un cachiño de lúa. Ademais, ensináronnos que, con esforzo, unión e agarimo, ata os sonos máis altos pódense alcanzar.

Gracias, profes, por facernos rir e aprender. E gracias tamén a tódalas familias por esas merendas típicas.

Os cativos de Infantil e as súas profes

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *