Coma os primeiros humanos…

Neste mes de decembro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO recibiron a visita de tres arqueólogos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, que compartiron cos rapaces e rapazas os seus coñecementos.

Na materia de Xeografía e Historia, dedicamos todo o mes ao estudo da Prehistoria, e grazas a esta visita, os estudantes puideron ver e tocar réplicas dos instrumentos utilizados naquela época e incluso intentar facer lume cun arco. ¡Que difícil resultou! O vento e a choiva non axudaron e tivemos que poñernos a cuberto para rematar o taller. Aínda así, ninguén conseguiu que cearamos quentes esa noite…

Tamén nos achegamos ás clases dos máis pequenos do cole para contarlles como viviamos naquela época. Non perderon ningún detalle! E demostráronnos que eles xa sabían moito da prehistoria, pois tiñan a súa propia cova na aula e cantáronnos unha canción preciosa sobre un dos nosos contemporáneos.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *