Axencias de viaxes

Durante estas semanas, os alumnos e alumnas de 1º de ESO transformáronse en verdadeiras axencias de viaxes na materia de Xeografía. O seu reto: deseñar unha viaxe completa, dende a elección do destino ata a planificación de voos, aloxamento, documentos necesarios e os lugares imprescindibles para visitar.

Con moita creatividade e dedicación, investigaron, compararon opcións e prepararon itinerarios detallados, poñendo a proba as súas habilidades organizativas e de resolución de problemas.

Se aínda non tedes decidido o voso destino para Semana Santa, quizais as súas propostas vos sirvan de inspiración!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *