O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Esta data foi elexida para homenaxear a publicación do primeiro exemplar da obra “Cantares Galegos”, de Rosalía de Castro. A raíz disto, cada ano a Real Academia Galega elixe un autor diferente que destaca pola súa creación literaria en galego.
Este ano 2020, o elixido foi Ricardo Carballo Calero, con obras como “Cantigas de amor e outros poemas”, “Xente de Barreira” ou “Sete poemas galegos”, entre outros.
Como actividade para conmemorar este día, as mestras de 6º de Educación Infantil elaboramos un vídeo no que recitamos o poema “A fala”, de Manuel María, para realzar a importancia do idioma de Galicia.
Á súa vez, retamos ós nosos alumnos a que nos enviaran os seus vídeos recitando algún poema ou poesía da literatura galega. ¿Atreveríanse?
Os pequenos de 5º de Educación Infantil conmemoraron o Día das Letras Galegas cun poema de Manuel María: «O bolo».
Ademáis, recibiron por parte das súas profesoras un pequeño reto de cociña dun produto típico da nosa terra: o pan. Deixámosvos o reto por si tamén o queredes facer.
En 4º de Educación Infantil profundizamos coa nosa lingua galega durante toda a semana cun conto en galego cada día e cun vídeo onde cada titora definiu unha fermosa palabra galega: ledicia coa titora Ana, colo coa titora Loreto, aperta coa titora Paloma, larpeiradas coa titora Almudena e bolboreta coa titora Miriam.
Hai outra actividade para todos os nenos de Educación infantil do noso cole, que ven sempre da man de D. Manuel Rico, quen comparte connosco a súa adaptación musical da letra de Curros Enríquez “A musa dos pobos”, canción a Rosalía. Aínda que non puidemos celebrala na clase como tódolos anos, achegámola ás casas dos nosos nenos e nenas a través deste fermoso video: