Rosa e Adolfina Casás, as pandeireteiras de Mens, xunto con Eva Castiñeira, representan as mulleres que manteñen viva a nosa tradición. Son o pasado, o presente e o futuro da nosa música popular. A súa presenza emociona e inspiran a seguir tocando e celebrando o que somos.
O Día das Letras Galegas foi especial para o alumnado de Infantil, que puido presenciar o ben que tocan os alumnos de pandeireta, que interpretaron o “Pasodoble de Cortellas”, que ensaiaron con moito agarimo con Nekane Louzao e Ana Fernández.
Tamén gozaron bailando a interpretación do xogo popular “O lambonciño”, que fixo rir e bailar a todos os nenos e nenas.
Pola tarde rematamos cunha romaría comendo: empanada, chourizo, queixo, marmelo, larpeira… Estaba todo boísimo!
Neste mes de maio, tamén recibimos a visita dalgúns familiares que compartiron con nós como se tocan instrumentos tradicionais galegos e incluso algún atreviuse a cantar.
A tradición está viva… e seguirá viva mentres a compartamos xuntos.