Castañas quentiñas!

Os nenos e nenas de infantil celebramos unha das festas máis entrañables e chea de tradición do outono: O Magosto!

Nesta festividade galega, reunímonos para homenaxear a castaña asada, raíña indiscutible da tempada.

O alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, con moito esmero e creatividade, preparounos un escenario outonal cunha gran pancarta, coa ábore que nos da castañas, o castiñeiro, e tamén o característico tren para asar e vender castañas que podemos ver en moitas vilas e cidades.

Os pequenos e pequenas coas súas coroas e colares entoaron a canción que prepararon na clase e achegáronse cos seus cornetes ao posto para conseguir as cobizadas castañas. Os castañeiros e castañeiras, coas súas pañoletas e mandís, repartiron castañas asadas para todos.
Foi unha oportunidade para agradecer a colleita e desfrutar cos amigos e amigas deste delicioso manxar.

Asimesmo cabe mencionar que o alumnado de 5º realizou a actividade: “A festa das follas» e o alumnado de 6º elaborou un obradoiro de pintado de froita.

Convidámosvos a ver as fotografías destas festas.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *