O día 17 de decembro tivemos a visita de 3 arqueólogos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro para compartir coñecementos cos alumnos e alumnas de 1º de ESO. Na asignatura de Xeografía e Historia dedicamos todo o mes ao estudo da Prehistoria, e gracias á visita puideron ver e tocar réplicas dos instrumentos que se utilizaban nese período da historia e intentar facer lume cun arco. Qué difícil!
Creo que morreríamos de fame e frío. Faltábanos paciencia e práctica. Se non nos demostrase un dos arqueólogos que era posible, non sei se o creeriamos.
Foi un día diferente, e repartiron unha entrada gratuita para que foramos visitalos a Campo Lameiro, onde hai a maior colección de petróglifos de Galicia. Esperamos que algún alumno se animara a ir!
Os días 20 e 21 de decembro, os alumnos de 1º ESO, seguindo as instruccións das profes de Plástica e Xeografía e Historia tiveron como reto pintar coma no Paleolítico. Utilizando carboncillo e pintura de dedos, e seguindo modelos da época, pintaron símbolos, siluetas de mans, animais, escenas de caza…
Os resultados foron excelentes, e tras unha selección dos que máis se aproximaban á época preparamos unha réplica dunha cova na entrada de Secretaría que todos poidan admirar.
Tutora de 1º de ESO, Profesora de Xeografía e Historia.