Igual que en días pasados fixeron os seus compañeiros de 1º A e 1º D, este mércores 19 de abril realizaron os roteiros literarios por Guitiriz 1º B e 1º C de ESO. Un dos grupos percorreu a vila de Guitiriz e o outro moveuse por os Vilares, aldea natal do poeta Xosé María Diaz Castro.
Durante o percorrido o alumnado coñeceu algúns dos lugares frecuentados por Díaz Castro, así como algún dos seus poemas máis coñecidos incluídos na súa obra Nimbos, ademais da arquitectura das casas rurais e algúns xogos populares.
Como guías da actividade exerceron os alumnos de 3º de ESO do IES Poeta Díaz Castro. Ao final da xornada, o noso alumnado puido disfrutar da famosa torta de millo de Guitiriz, invitados polo IES.
Profesor de Lingua Galega en ESO e Bacharelato