Onte martes 14 de marzo o alumnado de 1º de Bacharelato mantivo un coloquio coa escritora Rosa Aneiros, autora de Ás de bolboreta (novela de lectura obrigatoria para este segundo trimestre na materia Lingua Galega).
A autora falou da súa visión sobre as historias que compoñen unha novela, os diferentes puntos de vista, a caracterización de personaxes e, en definitiva, de como concibe a literatura.
O alumnado aproveitou para intercambiar impresións con ela e formular preguntas concretas sobre a novela (por exemplo, como é posible mesturar nunha mesma novela personaxes tan diferentes entre si).
Profesor de Lingua Galega en ESO e Bacharelato