Neste mes de decembro recibimos a visita de 3 arqueólogos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro para compartir coñecementos cos alumnos e alumnas de 1º de ESO. Na asignatura de Xeografía e Historia adicamos todo o mes ao estudo da Prehistoria, e grazas á visita destes especialistas, puideron ver e tocar réplicas dos instrumentos que se utilizaban nese período da historia e intentar facer lume cun arco. Que difícil! O aire que facía non axudaba, e menos mal que a choiva deunos marxe para rematar o taller!
Posteriormente, os alumnos de 1º ESO, seguindo as instruccións das profes de Plástica e Xeografía e Historia, tiveron como …