Nunha aventura pola literatura galega, os nosos alumnos embarcáronse na creación de cantigas do século XXI: unha reinterpretación moderna destas composicións tradicionais.
Traballando en grupos, empapáronse da esencia destas pezas literarias, reinventando os seus temas clásicos para reflexar a realidade contemporánea. Por sorteo, tocoulles a algúns grupos facer unha cantiga satírica e a outros a cantiga de amor ou a de amigo, os estudantes exploraron como eses temas perduran ó longo do tempo.
Para presentar as súas cantigas, deixaron un rastro destas magníficas composicións polas nosas corredoiras.
Velaquí deixámosvos unha ollada a algunhas destas sorprendentes creacións!…