O 16 de maio celebramos un Festival para festexar o día grande das Letras Galegas. Diante dun público entregado e colaborador, alumnos e alumnas de ESO e de Bacharelato subiron ao escenario para aportar o seu gran na celebración desta efeméride. Cancións variadas como “Corpiño xeitoso”, “Pousa, Pousa”, “Peixiños do mar”, “Ai vén o maio, maíño, maiolo”; música en directo para interpretar “Se chove, que chova!” e “O son do ar”, lecturas de poemas, breve semblanza de Francisco Fernández del Riego, un número de maxia e unha sorprendente actuación de beat box foron aplaudidas polos asistentes, todos …