Fase Zonal Xogade

O sábado rematou a Fase Zonal (comarcas de A Coruña, Ferrol e Bergantiños) da competición escolar Xogade. Dende decembro, 12 equipos con 105 participantes, representaron ó noso centro neste programa deportivo da Xunta de Galicia.

Os resultados finais foron notables; e moito máis a ilusión, a deportividade, o esforzo das nenas e nenos que cada fin de semana poñían a camiseta do Liceo La Paz. Benxamíns, alevíns e infantís defenderon con orgullo e satisfacción as nosas cores.

Parabéns!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *