Tralo triste pasamento do avó do árbitro de balonmán menor de idade, a Federación Galega de Balonmán tomou unha serie de medidas ás que nos sumamos como centro educativo.
Tódolos deportistas disputaron os partidos desta fin de semana portando un brazalete negro nos seus brazos e gardamos un minuto de silencio antes dos encontros na memoria de Andrés Rico. Ademais, depositamos unha rosa branca (aportada desinteresadamente por Flores Patiño) cun crespón negro nunha das butacas do noso pavillón.
Queremos expresar as nosas condolencias a súa familia, amigos e amigas do Rasoeiro BM e todo o balonmán galego, neste difícil momento.
Dende o Liceo La Paz témolo claro, non á violencia!…