Visita de Rosa Aneiros

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro martes 17 de maio, os nosos alumnos e alumnas de 4° de Primaria recibiron onte no noso Centro a visita de Rosa Aneiros, escritora e autora do libro do Plan Lector de Literatura Galega «Catro plumas de dinosaurio».

Rosa revelounos cosas moi curiosas sobre Xoel, Carlos, e tamén sobre Matilde e Diana e a súa extraordinaria aventura.

Trala súa intervención, respondeu  ás preguntas dos nenos e asinou os nosos exemplares do seu libro.

Continue Reading

4º de ESO na Real Academia Galega e na Casa Museo de Emilia Pardo Bazán

Durante o mes de decembro 4º de ESO visitou a sede da Real Academia Galega e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.

Na Real Academia o alumnado coñeceu un pouco a historia desta institución, así como algunhas das súas funcións elementais, como elaboración de dicionarios, normas ortográficas e morfolóxicas…

Na Casa Museo de Emilia Pardo Bazán fíxose fincapé na importancia desta escritora no contexto da literatura do século XIX (Realismo e Naturalismo) e destacáronse diversos trazos da súa biografía e da súa personalidade.

Continue Reading

1º A e D de ESO realizan un roteiro literario por Guitiriz

IMG-20170405-WA0001-1024x768 - editada

Desde hai varios anos, o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz organiza roteiros literarios relacionados coa figura de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.

Convidados pola Dirección do Instituto, este mércores 5 de abril, guiados polo alumnado de 3º de ESO de Guitiriz, os alumnos e as alumnas de 1º A e 1º D realizaron dous roteiros analizando diversos momentos da vida do escritor.

Continue Reading