Visita Cidade da Cultura e Museo do Pobo Galego

A semana pasada, os nosos alumnos de 2º de Bacharelato viaxaron ata Santiago de Compostela, onde tiveron a oportunidade de visitar a Cidade da Cultura  e percorrer os exteriores da mesma: dende as Torres Hedjuk ata a Praza Central.

Achegáronse ós segredos do proxecto arquitectónico de Peter Eisenman e ós interiores da biblioteca de Galicia, onde puideron apreciar a riqueza da cultura galega.

Así mesmo, tiveron a oportunidade de acceder a dúas exposicións:

  • Galicia Universal. O arte galego nas coleccións de ABANCA e Afundación 
  •  Castelao Magistral. A boa obra ao mestre honra.

Pola tarde, visitaron o centro histórico de Santiago e o Museo do Pobo Galego, onde tiveron acceso, entre outros, ó Panteón de Galegos Ilustres, os patios interiores e as distintas manifestacións da vida e a cultura galega ao longo da historia.

Os nosos alumnos finalizaron a xornada satisfeitos por un día de convivencia e inmersión na nosa historia e cultura.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *