Participación no Parlamento Xove

Os días 23 e 24 de febreiro desenvolvéronse en Culleredo, no Centro Residencial Docente, os debates correspondentes ó torneo de Parlamento Xove 2018, organizado pola Xunta de Galicia, no que participan centros de toda a nosa comunidade.

O noso equipo de ESO, que pertence á actividade extraescolar Club de Debate, estivo formado polos seguintes alumnos: Elena Garrido Martínez, Carla González Roca e Tomás Vázquez Montes de 4º da ESO e Alejandro Rouco Fernández de 3º da ESO.

O tema proposto era: “A educación ambiental nos centros educativos, ¿significaría evitar incendios como os acaecidos en outubro de 2017 en Galicia?”

O noso equipo tivo que defender a postura “en contra” en dúas ocasións e “a favor” no debate restante. Aínda que o fixeron francamente ben, argumentando correctamente a súa postura e refutando axeitadamente a do equipo contrario, non conseguiron pasar á seguinte fase, que se desenvolverá no mes de abril en Santiago. A pesar diso, a actividade resultou moi positiva, xa que, ademais de seguir mellorando a súa formación como oradores, tiveron a posibilidade de relacionarse con xente da súa idade doutros centros de Galicia.

No próximos días 1 e 2 de marzo acudirá o noso equipo de 1º de Bacharelato. Esperamos que eles teñan máis sorte.

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *