Obradoiro da Prehistoria

No primeiro trimestre na asignatura de Xeografía e Historia os alumnos de 1º de ESO nos achegamos aos primeiros homínidos e ao coñecemento das habilidades dos homes prehistóricos.

Entre os grandes descobrementos que realizaron estaba a elaboración do lume, polo que, en colaboración co Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro, preparamos un obradoiro o pasado martes 16 de xaneiro para coñecer en directo os instrumentos da época e intentar realizar o lume como na Prehistoria. En todas as clases conseguiron facer lume!

Outra faceta da Prehistoria que lles fascinou foron as pinturas rupestres, polo que en decembro probamos a pintar seguindo os seus modelos e con pintura de dedos, carboncillo e utilizando as mans. Obtiveron uns resultados espectaculares!

You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *